O Sistema de Instalación de Debian ================================== Orientación Este ficheiro README é para familiarizalo co contido do sistema de instalación de Debian, e onde ir para obter máis información. Se quere voltar a este directorio debería ir a /dists/woody/main/disks-sparc/current/ onde a palabra `' pode indicar unha réplica da web de Debian, unha área de FTP, ou un CD-ROM oficial de Debian. Pódense atopar tódolos ficheiros necesarios para a instalación embaixo deste directorio. Hai información completa do sistema de instalación de Debian no subdirectorio `doc/'. A documentación está dispoñible en varios formatos e idiomas. Tamén ha querer consultar para buscar erros, alertas de seguridade, e información actualizada. Para os máis impacientes, embaixo proporciónanse unhas instruccións rápidas para a instalación. Nembargantes, anímase *encarecidamente* ao lector que lea a documentación completa que hai no subdirectorio `doc/', especialmente no caso de se atopar con dificultades. Instruccións de Instalación Rápida ================================== Aínda que o Sistema de Instalación de Debian tamén se chama `boot-floppies' (disquetes-de-inicio), este nome é algo así coma unha distorsión histórica. É posible, incluso preferible, instalar Debian sen empregar ningún disquete. Por exemplo, pode instalar Debian dende un CD-ROM con inicio oficial de Debian, dende a rede, ou dende outro sistema operativo. Instalación de CDROM -------------------- O método de instalación recomendado é o CD-ROM oficial de Debian. Pódense procurar onde se venden as boas distribucións de GNU/Linux, ou en liña . Os que teñan unha tostadora de CDs e un carácter aventureiro poden probar a crea-la súa propia imaxe de CD-ROM . A instalación dende un CD-ROM adoita ser moi doada e só precisa que escriba un só comando despois de arrincar e inseri-lo CD. Se o seu ordenador ten SRM (é dicir, non hai un sistema de menús ao arrincar) só ten que escribir `boot xxx -fl 0`, onde xxx é a unidade de CD-ROM en notación SRM. Execute `show dev` para averigua-lo nome na máquina. Para obter unha descrición completa busque no manual de instalación. Se a súa máquina ten ARC ou AlphaBIOS, mire embaixo na sección de MILO para obter máis detalles. Instalación dende Disquetes --------------------------- Se non ten un CD-ROM ou ten un ordenador que non pode arrincar dende un CD-ROM ha ter que emprega-las imaxes de disquetes que hai embaixo deste directorio. As imaxes de disquetes teñen nomes `*.bin'. Normalmente ha precisa-las imaxes `rescue.bin' e `root.bin', e ás veces tamén as imaxes `driver-*.bin'. Teña en conta que hai varios conxuntos de imaxes Rescue, root e driver, dependendo da arquitectura que emprega. Ha ter que escoller con que conxunto quere instalar. Mire embaixo para obter unha descrición detallada dos subdirectorios que conteñen esas imaxes de disquete. Os ficheiros `driver-*.bin' conteñen controladores de hardware que non hai no núcleo da imaxe `rescue.bin'. Non sempre é preciso crea-los discos dende os que instalar eses controladores, por exemplo, cando a instalación pode obte-los controladores dende outros soportes distintos dos disquetes. Basicamente é unha cuestión do soporte de hardware que contén o propio núcleo. Se non crea os disquetes `driver-*.bin', ha precisar, máis tarde, durante a instalación, ha precisar un ficheiro `rescue.bin' e outro `drivers.tgz' que estean dispoñibles dende outro soporte distinto dos disquetes. Háselle pedi-lo sistema operativo e os módulos, e non lle pode dicir ao sistema que empregue disquetes, obviamente, porque non creou os disquetes dos controladores. Indique ao instalador que obteña eses datos no CD-ROM, disco duro local, ou de onde se descargaron os ficheiros de instalación. *Non pode* crear disquetes de ficheiros *.bin copiando simplemente os ficheiros *.bin nos disquetes. Ten que facer unha copia de sectores de baixo nivel dos datos nos disquetes. O método que ten que empregar para crear disquetes dende os ficheiros *.bin varía segundo o sistema operativo ao que teña acceso. Hai embaixo descricións de como se crean os disquetes dende os ficheiros *.bin en Unix e en DOS. Recoméndase que empregue sempre disquetes novos do trinque porque os xa usados poden conter erros e provocar fallos no inicio. - Creación dos Disquetes dende Imaxes de Disco en Unix Empregue o comando GNU `dd' para crear un disquete dende un ficheiro .bin: dd of=/dev/fd0 if= bs=1024 O dispositivo de disquete pode ser distinto de `/dev/fd0'. Se é de natureza desconfiada, pódese asegurar de que se gravou a imaxe con éxito: cmp /dev/fd0 - Creación dos Disquetes dende Imaxes de Disco en DOS Cambie ao directorio (`cd') que contén os ficheiros *.bin que quere. Empregue a utilidade de DOS `rawrite2.exe' do subdirectorio `dosutils' para crea-la imaxe, por exemplo: ..\dosutils\rawrite2 -f rescue.bin -d a Onde `a' se refire á primeira unidade de disco do ordenador, e `rescue.bin' representa o ficheiro *.bin dende o que quere crear un disquete. ifelse (sparc, mips, dnl Instalación Dende A Rede ------------------------ Outra opción para MIPS é instalar dende a rede. Para facelo ten que arrinca-lo ficheiro 'linux.bin'. As máis das máquinas MIPS han empregar bootp para arrincar dende a rede. ) Organización Dos Ficheiros de Instalación ========================================= Abaixo descríbese a organización xeral dos ficheiros deste directorio. Se copia un subconxunto destes ficheiros a un disco local ou o que teña, debería conserva-la estructura de directorios interna, xa que o sistema de instalación buscará os ficheiros nesas localizacións. doc/ O Manual de Instalación de Debian GNU/Linux, a Guía do Principiante de `dselect', e as Notas da Versión pódense atopar aquí en varios formatos lexibles e imprimibles por ordenador. Por favor, Lea O Estupendo Manual (RTFM) antes de comezar. / Ficheiros de instalación dunha subdivisión da arquitectura sparc; terá que buscar aquí para atopa-los discos de inicio, raiz e controladores. Esta arquitectura ten as seguintes s: sun4cdm, sun4u sun4cdm .... Emprégase nos máis dos sistemas non Ultra. Inclúe a SPARCStation 1, 2, ELC, IPC, IPX, 5, 10, 20 e tamén as SPARC Classic. sun4u ...... Inclúe toda a clase de sistemas UltraSPARC, incluíndo os sistemas IDE coma a UltraSPARC 5. Só o disco de rescate e controladores son distintos de sun4cdm. As imaxes raiz e base son as mesmas. ** Ficheiros Específicos de Interese Empregando as descricións de embaixo, ten que selecciona-lo directorio que contén o conxunto de ficheiros que interesan na instalación que está a facer. Ha precisa-las seguintes imaxes `.bin', se non se indica o contrario. .../rescue.bin Imaxe de disco de rescate, contén o núcleo e un cargador. .../root.bin Imaxe de disco raiz, contén o sistema de ficheiros raiz. Non é necesario se non instala dende disquetes. .../driver-#.bin Imaxes de discos de controladores, que conteñen os módulos do núcleo que pode cargar polo hardware para o que non hai un controlador incorporado no núcleo. Por exemplo, pode usalo para instalar un controlador para o adaptador de rede; cando teña instalado o controlador, pode instala-lo resto do sistema pola rede. Hai outros módulos, coma PPP, soporte de liña paralela, etc. Non fai falla se non instala desde disquetes. .../drivers.tgz Un arquivo tar que contén os mesmos módulos que as imaxes de disco de enriba. Empréganse cando se instalan o núcleo e os controladores dende un disco local ou CD no canto de dende discos. Empregue o ficheiro do subdirectorio máis apropiado baseado na subarquitectura que está empregando. .../tftpboot.img Imaxes arrincables por TFTP específicas por subarquitectura. Conteñen o núcleo e root.bin para arrincar dende un servidor TFTP empregando o comando "boot net" da PROM. Vexa a documentación para máis detalles. root.tar.gz Un arquivo tar que se pode montar por NFS. É exactamente o mesmo que root.bin, pero nun formato tar para extraer nun servidor de rede para instala-los sistemas cun sistema de ficheiros raiz NFS. Vexa a documentación para máis detalles. md5sum.txt Un ficheiro que contén sumas MD5 dos ficheiros de instalación. Pódese empregar para comprobar que non se corromperon os ficheiros descargados.